baixa térmica
Zona de baixa presión que se forma xunto ao chan debida ao intenso quentamento deste. As baixas térmicas son típicas do verán, que é cando maior é a insolación. Ao quentarse moito o chan, o aire que hai en contacto con el tamén se quenta e ao diminuír a súa densidade comeza a ascender. O oco que deixa ese aire ao escapar cara arriba énchese de inmediato con aire situado nos arredores, o que dá como resultado a formación da baixa térmica.
Termos relacionados: convección