convección
Unha das formas de transmisión de calor na natureza, que en Meteoroloxía identificamos co transporte vertical de calor e doutras propiedades das masas de aire, como o vapor de auga ou a cantidade de movemento, na atmosfera. Implica o desprazamento de grandes volumes de aire e é un mecanismo fundamental no intercambio vertical das propiedades sinaladas no seo da troposfera. A convección prodúcese preferentemente sobre un chan previamente quentado polo sol, sobre o que se xeran correntes ascendentes de aire quente que poden ou non culminar na formación de nubes de desenvolvemento vertical, tamén chamadas convectivas.
Termos relacionados: CAPE, térmica, baixa térmica