contaminación atmosférica

Conxunto de substancias presentes no aire, á marxe das que habitualmente compoñen a atmosfera, nunha concentración tal que inciden negativamente tanto nas persoas como no resto de seres vivos. A contaminación atmosférica pode ter unha orixe natural (erupcións volcánicas, incendios forestais non causados polo home…) ou artificial (actividades industriais, tráfico…). Neste último caso, coñécese tamén como polución atmosférica. Os contaminantes presentes no aire poden ser de moi distinta natureza: gases tóxicos, fume, smog, cinzas volcánicas, material radioactivo… Nas zonas urbanas, a exposición a niveis altos de ozono, dióxido de nitróxeno e partículas (PM) leva consigo un risco alto para a saúde humana, sendo cada vez maiores as evidencias dese impacto.

Termos relacionados: particulado, óxidos de nitróxeno, smog

Tamén coñecido como: polución