óxidos de nitróxeno

Forma abreviada coa que se coñecen os óxidos de nitróxeno. Este grupo de gases inclúe tanto ao óxido nítrico (NO) como ao dióxido de nitróxeno (NO2 ) e aos que resultan da combinación de ambos e tamén con osíxeno. O NO2 é un contaminante secundario que se xera na combustión a alta temperatura, debido á oxidación do NO. É un gas moi tóxico, cuxa principal fonte de emisión antrópica é a agricultura, á parte do que escapa ao aire nas cidades, procedente dos vehículos a motor, e do orixinado nas plantas industriais. O dióxido de nitróxeno -tamén coñecido como óxido nitroso- é o principal contaminante atmosférico de todos os NOx e ten efectos perniciosos na saúde humana e no medio ambiente. Entre as fontes naturais de emisión dos NOx están os incendios forestais e a actividade volcánica.

Termos relacionados: contaminación atmosférica

Tamén coñecido como: NOx