constante solar
Valor numérico teórico que resulta de calcular a cantidade de radiación solar que, por unidade de tempo, incide sobre unha superficie dun metro cadrado perpendicular ao fluxo radiante e situada no límite exterior da atmosfera, coa Terra situada á súa distancia media do sol (149,6 millóns de quilómetros). As medidas de satélite certifican que a irradiancia solar varía lixeiramente co tempo, polo que a citada «constante» é en realidade un valor promedio, igual a 1367 W/m2 . Na maioría dos textos de Meteoroloxía identifícase coa letra S.