zonda

Vento do oeste moi seco, cálido e polvorento, que sopra preferentemente entre maio e outubro na parte central de Arxentina, procedente do sector da vertente oriental dos Andes situado na rexión de Cuyo. Na orixe, é un vento frío e húmido que deixa abundantes choivas nas ladeiras de barlovento da cordilleira andina e nevadas nos cumios do citado sector. Ao descender a sotavento, vai recentándose polo efecto foehn, o que provoca un aumento notable das temperaturas, alcanzándose valores da orde dos 40 ºC. Tamén se coñece como sondo.