efecto Venturi

Coñecido fenómeno da dinámica de fluídos, dado a coñecer polo físico italiano Giovanni Battista Venturi (1746-1822) en 1797, que consiste na diminución da presión nun líquido ou un gas que flúe por unha conducción, cando esta se estreita, como consecuencia da maior velocidade que adquire o fluído. Na atmosfera, o efecto Venturi maniféstase de forma clara, tanto nos portos de montaña e os cumios, como en zonas estreitas do terreo (desfiladeiro, val…), onde se xuntan as liñas de fluxo, co conseguinte descenso local da presión e o aumento da velocidade do vento e a súa rafagosidade.