efecto Magnus

Coñecido efecto da dinámica de fluídos, que se manifesta na atmosfera sobre calquera obxecto en rotación que se desprace polo aire, o que provoca unha desviación na súa traxectoria. Foi descrito por primeira vez, en 1853, polo físico e químico alemán Heinrich Gustav Magnus (1802-1870), de quen toma o seu nome. As inverosímiles traxectorias que adoptan ás veces os balóns de fútbol ou as pelotas de tenis nos partidos son bos exemplos de como actúa este efecto.