fume
Litometeoro consistente nun conxunto de diminutas partículas sólidas en suspensión na atmosfera -con diámetros inferiores a unha centésima de micra (0,01 μ m)-, procedentes dunha combustión incompleta. O fume é tóxico e pode ter unha orixe natural (incendios forestais non provocados polo home) ou antrópica (tráfico, calefaccións, tabaco, fábricas…).