furacán
Nome que recibe habitualmente o ciclón tropical. Na terminoloxía meteorolóxica oficial, só se chaman así os ciclóns tropicais, de núcleo cálido, que se forman no Atlántico Norte, o golfo de México e a parte oriental do Pacífico Norte. Na escala de Saffir-Simpson, recibe este nome xenérico cada unha das cinco categorías en que se clasifican os ciclóns tropicais, atendendo á súa intensidade. Na inferior de todas elas -Categoría 1-, os ventos sostidos alcanzan unha velocidade mínima de 119 km/h, o que fixa o limiar a partir do cal unha tormenta tropical pasa a converterse en furacán. Só se pode falar con propiedade dun vento furacanado se alcanza ou supera dito limiar. A tempada oficial de furacáns iníciase cada ano o 1 de xuño e remata o 30 de novembro.
Termos relacionados: ciclón tropical, ollo do furacán