pascal (Pa)

Unidade da presión no Sistema Internacional. É igual á presión exercida por unha forza dun newton (1 N) aplicada uniforme e perpendicularmente sobre unha superficie dun metro cadrado. Matematicamente, exprésase así: 1 Pa = 1 N/m2 . En Meteoroloxía, a presión atmosférica exprésase en hectopascais (hPa). A unidade chámase así en homenaxe ao científico francés Blaise Pascal (1623-1662), que, entre as súas numerosas achegas no campo das matemáticas e a historia natural, destacou polos seus estudos sobre a presión que exercen os fluídos. Foi o primeiro en demostrar que a presión atmosférica diminúe coa altura.

Termos relacionados: hectopascal (hPa)