isóbara
Liña que une puntos de igual valor da presión atmosférica nunha superficie dada. Nos mapas sinópticos onde aparecen trazadas isóbaras, a superficie escollida é o nivel medio do mar, polo que neses mapas (de superficie ou isobáricos) aparece representado o campo horizontal de presión -a súa distribución espacial- nese nivel. As isóbaras trázanse a intervalos regulares, habitualmente de 4 en 4 ou de 5 en 5 hectopascais.
Termos relacionados: mapa do tempo