isocero
Nome que recibe en Meteoroloxía a isoterma de 0 ºC. Identifícase habitualmente co nivel atmosférico máis próximo á superficie terrestre onde se acada esa temperatura. Coñecer a altitude onde se sitúa a isocero é particularmente importante en aviación, xa que marca o nivel de voo a partir do cal unha aeronave que se despraza no interior dunha nube pode verse afectada polo xeamento. Tamén se coñece como nivel de conxelación.
Tamén coñecido como: nivel de conxelación