converxencia

Este concepto, aplicado a un campo de ventos nun nivel atmosférico dado, representa o encontro de dous fluxos enfrontados, o que dá como resultado un desprazamento de aire na vertical, grazas ao cal consegue escapar o excedente de aire que esta situación tende a acumular no citado nivel atmosférico. Se a converxencia se produce en niveis baixos, o aire escapa cara arriba (ascendencia), mentres que a converxencia en altura provoca un forzamento de signo contrario, xerando correntes de aire descendentes (subsidencia). É o contrario ao concepto de diverxencia.