xeada negra
Xeada de efectos devastadores na vexetación, provocada pola irrupción de masas de aire moi frío e seco. A diferenza da xeada branca, non se manifesta pola formación de cristais de xeo sobre a cuberta vexetal, o que forma unha coiraza protectora do intenso frío ambiental. Trátase dunha xeada seca, que provoca a conxelación interna das plantas. Debe o seu nome á tonalidade negruzca que adquiren as follas e os talos, como consecuencia das queimaduras producidas por ela. Na península ibérica, estas xeadas están asociadas ás entradas frías de aire polar continental, que chegan polo nordeste tras percorrer o interior do continente europeo.