luz zodiacal
Cono de luz branquecina ou amarelenta, de baixa intensidade e aspecto leitoso, que aparece no ceo nocturno ao longo do plano da eclíptica. Obsérvase principalmente nas rexións tropicais, sempre e cando haxa bastante escuridade e o aire sexa diáfano. Baixo tales circunstancias, a luz zodiacal comeza a verse tras a posta de sol -unha vez que finaliza o crepúsculo vespertino-, desaparecendo ao final da madrugada, cando comeza a clarear. Está provocada pola dispersión que sofre a luz solar ao atravesar a miríade de partículas de po cósmico presentes no espazo interplanetario.