macroclima

Clima dunha extensa rexión xeográfica. É a maior das unidades climáticas. Tanto o clima global como o rexional quedan englobados dentro desta categoría, aínda que o seu uso non está estendido. É máis común referirse a un dominio climático e a un ámbito climático, abranguendo este último ao anterior.