ciclo hidrolóxico
Ciclo natural que engloba todos os procesos implicados no transporte da auga contida na Terra. A evaporación de auga dos océanos e a precipitación -previa condensación de vapor de auga atmosférico- son os principais procesos do ciclo hidrolóxico, tamén coñecido como ciclo da auga.