tifón

Nome común que recibe o ciclón tropical que se forma na parte occidental do Pacífico Norte. Entre as zonas habitadas que se ven afectadas periodicamente polos tifóns, están Xapón, Filipinas, Taiwán, as costas de China e a Micronesia. Na mitoloxía grega, Tifón era o último fillo de Gea (a deusa nai da Terra), que enxendrou con Tártaro (o deus dos abismos). O seu nome provén do grego antigo Typhos, que significa «fume». Este termo -latinizado como typhon- influíu á súa vez nunha palabra persa da que foron derivando os distintos arcaísmos, tanto en chinés (tai fung), como en urdú (t.ūfān), que deron nome ao fenómeno meteorolóxico.

Termos relacionados: ciclón tropical