mar de nubes

Superficie superior dunha capa de nubes na que se manifestan ondulacións de moi diferentes amplitudes. O seu grande parecido coa superficie mariña é o que xustifica que reciba este nome. Os cumes dunha capa de estratos ou estratocúmulos, delimitados pola presenza dunha inversión térmica, forman habitualmente mares de nubes. A súa observación é posible desde calquera cota superior á citada inversión.