marea

Este termo, á parte do coñecido efecto da influencia do sol e a lúa sobre o nivel do mar, presenta diferentes acepcións meteorolóxicas como orballeira, orballo, sereno, brisa suave e fresca do mar, ou un cambio de tempo. Á marxe dos anteriores significados, describe tamén un par de fenómenos atmosféricos ligados a cambios na presión atmosférica.