mar de fondo

Ondada que se propaga fóra da zona onde se orixina. As ondas do mar de fondo non son, por tanto, xeradas polo vento local, senón por sistemas de baixa presión bastante afastados. Estes trens de ondas poden chegar a propagarse a distancias de ata varios miles de quilómetros. O mar de fondo diferénciase do mar de vento por ter unha ondada máis regular, con ondas moito máis espazadas, de aspecto arredondado. Tamén se coñece como mar de leva, mar tendida e mar xorda.

Termos relacionados: fetch