rotor

Nube asociada a unha célula ou rolo turbulento, coñecido no argot aeronáutico como rotor, que se forma por debaixo das crestas dunha onda de montaña, a sotavento do obstáculo montañoso. Dependendo de cal sexa a temperatura e o contido de humidade do aire nese nivel baixo, próximo á superficie terrestre, pódese manifestar ou non a nube rotor. Nos casos en que se forma, esta pode ser desde un pequeno cúmulo fractus , en aparencia inofensivo, ata unha nube rolo de grandes dimensións e aspecto ameazante. O rotor máis perigoso, onde a turbulencia é máis intensa, é o que xorde baixo a primeira cresta da onda, a uns 10-15 quilómetros da liña de cumes, no lado de sotavento. É unha zona moi perigosa para o voo, que os pilotos deben evitar.