rosada
Hidrometeoro consistente nun depósito de pequenas pingas de auga que se forma sobre unha superficie, como consecuencia do arrefriamento nocturno. O descenso de temperatura por baixo do punto de orballo, debido á perda de calor por radiación que ten lugar xunto ao chan durante a noite, propicia a condensación do vapor de auga e a formación das pingas. O orballo fórmase preferentemente sobre a vexetación situada a ras de terra (herba, arbustos…), debido ao vapor de auga extra que achegan ao aire circundante, grazas á evapotranspiración. A palabra ten a súa orixe no vocábulo latino roscidus (húmido, mollado) e existen distintos sinónimos dela, como aguada, aguareda, aguarera, aguazón, orballada, rosada ou ruciera.
Termos relacionados: punto de orballo, augaíña, hidrometeoro