reforestación
Plantación de árbores para crear un bosque nunha zona onde antes o había, pero que foi destinada a outros usos do solo. Debido ao papel que desempeñan as árbores como sumidoiros de carbono (absorción de CO2 da atmosfera, especialmente importante no caso dos bosques tropicais), a reforestación é unha medida de mitigación do cambio climático.