refacho

Desviación transitoria da intensidade do vento con respecto ao seu valor medio, que pode ir ou non acompañada dun cambio de dirección. Esa desviación pode ser positiva ou negativa e ocorre durante un breve lapso de tempo. En Meteoroloxía só se contabiliza como refacho aquela que conleva o aumento súbito da velocidade. Os refachos de vento poden deberse a factores mecánicos ou térmicos, sendo particularmente evidentes nas proximidades do chan. Preto da superficie terrestre, a interacción das correntes de aire cos obstáculos que se interpoñen no seu camiño, así como a rugosidade do terreo, xeran turbulencias, o que se manifesta en forma de refachos. No rexistro continuo do vento medido cun anemómetro, os refachos instantáneos obtéñense promediando en intervalos de tempo duns poucos segundos. Emprégase de forma equivalente o termo ráfaga (de vento ou de aire). É menos común o uso de ramalazo co mesmo significado.

Tamén coñecido como: ráfaga