relento
Frescor provocado pola humidade ambiental das noites serenas, causado pola perda de calor do chan por radiación. A sensación de frío é crecente a medida que avanza a madrugada. O arrefriamento nocturno chega a provocar, ás veces, a formación de minúsculas pingas no ambiente -froito da condensación do vapor de auga presente no aire-, que precipitan, e que tamén se identifican co relento. Nalgúns lugares dan ao termo un uso lixeiramente distinto, aludindo con el ao frío intenso dos días soleados de inverno, ou a un vento lixeiro que contribúe a aumentar a sensación de fresco. O termo deriva do termo latino relentescere (humedecer, abrandar). En Andalucía, tamén se empregan os localismos relentada e relentón.