vórtice polar
Circulación ciclónica a gran escala na baixa estratosfera que discorre de oeste a leste arredor dunha rexión polar. Está acoplado a un vórtice situado por debaixo, na troposfera media e alta, cuxa dinámica está modulada polo superior. Na Terra temos o vórtice polar ártico e o antártico, sendo este último máis potente e persistente que o ártico. Cada certo tempo, o vórtice estratosférico da rexión ártica sofre unha rotura, provocada por uns episodios que foron bautizados como quecementos súbitos estratosféricos, provocados polas incursións de aire cálido asociadas ás ondas de Rossby, que no hemisferio norte alcanzan ás veces grandes amplitudes. No verán boreal, o vórtice polar ártico esbórrase notablemente, podendo chegar a desaparecer.