veranecillo
Período duns poucos días de duración que acontece no outono ou na primavera en latitudes temperadas de ambos os hemisferios, durante o que se rexistran temperaturas máis propias do verán. A nivel popular, coñécense varios deles polo nome do santo cuxa onomástica coincide coa data en que aproximadamente se producen eses veranecillos cada ano. O refraneiro meteorolóxico fai alusión a eles. Un dos máis coñecidos é o veranecillo de San Miguel (29 de setembro), que adoita entrar en escena a finais de setembro, e que se coñece tamén como o veranecillo do marmelo, por coincidir coas datas en que madura ese froito. Tamén goza de bastante popularidade o veranecillo de San Xoán (24 de xuño), que marca o inicio do verán. Volvendo ao outono, están tamén o veranecillo de San Lucas (18 de outubro) e o de San Martiño (11 de novembro) que, tal e como afirma un coñecido refrán, «ten tres días e fin». En Norteamérica, ao veranecillo outonal coñéceselle como Indian summer (verán indio). Nalgúns países de América Latina, emprégase o termo equivalente veraniño.