penacho

Columna de gases e partículas sólidas e/ou líquidas, habitualmente contaminantes, emitidas á atmosfera desde unha cheminea ou desde calquera outra fonte puntual. Os focos de emisión poden ser naturais (volcán, incendio forestal…) ou antrópicos (incendio dun edificio, queima de restrollos, torre de refrixeración dunha central térmica…). A forma que adopta o penacho depende de cales sexan as condicións meteorolóxicas locais, en particular do grao de estabilidade ou inestabilidade atmosférica.