remanentes

Restos de inestabilidade atmosférica. Fase de disipación dun fenómeno meteorolóxico (fronte, borrasca, furacán…), na que aínda a atmosfera presenta un certo grao de inestabilidade. O seu uso está estendido nalgúns países de América Latina, onde é común referirse, por exemplo, aos remanentes nubosos asociados a unha fronte fría ou aos remanentes dun ciclón tropical.