choiva de barro
Choiva na que as pingas conteñen unha elevada concentración de po mineral, procedente na súa maior parte dunha área desértica. Parte desas partículas sólidas actúan como núcleos de condensación sobre os que medran as pingas de choiva, e o resto -a maioría- incorpórase a elas desde o aire poeirento onde se forman e caen. Todos eses materiais quedan depositados no chan e nos obxectos situados sobre el, unha vez que, transcorrido un tempo, a auga da choiva se evapora. Estas choivas sucias tamén se coñecen como choivas de lama, de sangue ou sanguinolentas.
Termos relacionados: choiva de sangue