clima mediterráneo

Clima que, a pesar de referirse explicitamente ao mar Mediterráneo, non se dá unicamente alí -na súa área de influencia-, senón tamén noutros lugares do mundo, presentando distintas variantes. Na clasificación climática de Köppen correspóndese cun subtipo do clima temperado (tipo C). Dita clasificación considera, por unha banda, o clima mediterráneo típico (Csa), de veráns secos e cálidos e, por outra, o de influencia oceánica (Csb), con veráns máis suaves.