litosfera

Capa superficial sólida da Terra, caracterizada pola súa rixidez. Está formada pola cortiza terrestre e a zona máis externa do manto. A palabra ten a súa orixe etimolóxica nas palabras gregas λίθος ( lithos ) e σφαίρα ( sphaíra ) e significa literalmente «esfera de pedra». É unha das compoñentes do sistema climático e interacciona coas outras catro (atmosfera, hidrosfera, criosfera e biosfera), aínda que os cambios nela son moito máis lentos, podéndose considerar estática fronte ás outras.