lóstrego
Manifestación luminosa que acompaña ao raio. Adóitase identificar preferentemente co resplandor que ilumina unha nube de treboada, cando no seu interior se produce unha brusca descarga eléctrica (raio intranube). Tamén é común referirse indistintamente ao raio ou ao lóstrego. Ambos os fenómenos teñen a consideración de electrometeoros.
Termos relacionados: meteoro