hidrometeoro

Meteoro consistente nun conxunto de partículas de auga en estado líquido ou sólido, que caen a través da atmosfera (choiva, neve, sarabia…), ou están en suspensión nela (nube, néboa, brétema), ou son depositadas sobre obxectos situados na superficie terrestre (orballo, xeada, cencellada) ou na atmosfera libre, ou son levantadas dela polo vento (rocíos). Tamén se coñece como meteoro acuoso.

Termos relacionados: sarabia, precipitación, rosada