hidrosfera
Compoñente do sistema climático que engloba toda a auga líquida que hai sobre a parte sólida da superficie terrestre (océanos, mares, ríos, lagos…) e no subsolo (acuíferos, correntes subterráneas). Na división que se usa nas ciencias da Terra, a hidrosfera tamén inclúe a auga en estado sólido (xeo, neve, permafrost); non obstante, desde o punto de vista climático, a criosfera é un compoñente ou subsistema máis, independente da hidrosfera, que interacciona con ela.