rabo de nube

Expresión popular coa que se coñece á tromba mariña en Cuba. Describe en sentido figurado unha tuba, que como tal non alcanza a superficie terrestre. Na práctica, os rabos de nube identifícanse, indistintamente, cos tornados, trombas ou mangas mariñas e as citadas tubas. O cuarto álbum discográfico do cantautor cubano Silvio Rodríguez leva este nome (Rabo de nube [EGREM, 1980]), o mesmo que unha das cancións incluídas nel. A expresión escoitoulla de neno aos agricultores da zona da illa onde naceu.