atrapanéboas

Dispositivo cuxo elemento principal é unha gran pantalla cunha malla moi fina feita dun material sintético como o polipropileno, que ten a capacidade de capturar as diminutas pingas da néboa, permitindo a súa recollida e almacenamento. Estas pantallas -tamén chamadas captanéboas- logran abastecer de auga potable a algunhas pequenas comunidades que viven en rexións desérticas onde case non chove, como Atacama, en Chile.

Tamén coñecido como: captanéboas, pantalla atrapanéboas