Atmosfera tipo

Atmosfera de referencia adoptada pola OACI (Organización Internacional de Aviación Civil), que ten como obxectivo facilitar a navegación aérea. Establece para o nivel medio do mar unha presión atmosférica de 1013,25 hPa e unha temperatura de 15 ºC. Ademais, considera que entre ese nivel e a tropopausa a temperatura diminúe a razón de 0,65 ºC/100 m (gradiente térmico vertical), o aire como un gas perfecto e que se cumpre a ecuación da hidrostática. A partir desas premisas, poden calcularse facilmente os valores de presión e temperatura á altitude que interese. A atmosfera tipo coñécese tamén como atmosfera estándar ou ISA e as súas características están baseadas nas condicións que, en promedio, se dan en latitudes temperadas.