augaduche

Forte avenida de auga, provocada por un episodio de choivas intensas, que adoita ter consecuencias catastróficas. Ten a súa orixe no termo latino aquaeductus (acueduto). Tamén se emprega como sinónimo de aguaceiro.