tornado de lume
Remuíño de lume que medra cara arriba, na vertical, cuxo aspecto lembra unha tolvaneira ou manga mariña. O fenómeno coñécese coloquialmente como tornado de lume (tradución ao español do termo inglés firenado ). Cando nun incendio forestal o aire moi quente ao ascender adquire rotación, as lapas enróscanse á columna convectiva e ascenden por ela helicoidalmente, o que dá como resultado o vórtice de lume. As súas dimensións típicas son entre 10 e 50 metros de altura e uns poucos metros de anchura. O habitual é que dure entre 1 e 5 minutos, aínda que en casos excepcionais poden ser máis duradeiros e de maiores dimensións.
Tamén coñecido como: vórtice de lume