equilux
Cada un dos dous días do ano en que nun determinado lugar hai exactamente 12 horas de luz (con insolación) e 12 de escuridade (sen ela). Debido á anchura angular que ten o disco solar (aproximadamente 32’ de arco), non coincide co equinoccio, producíndose o equilux de primavera uns días antes do equinoccio homónimo e o de outono uns días despois. Nos equinoccios iguálase a duración do día e da noite, pero considérase como hora de saída do sol cando o punto central do seu disco asoma polo horizonte, e como hora do solpor cando devandito punto se oculta baixo el.