coalescencia

Na microfísica de nubes, é o proceso mediante o cal se forma unha pinga (ou pinguiña) de auga líquida por agregación de dúas ou máis delas, tras teren colisionado entre si. O mecanismo de colisión-coalescencia é un dos que dan lugar á formación de pinguiñas de nube e de pingas de choiva na atmosfera.