chemtrail
Vocábulo que resulta de fusionar as palabras inglesas chemical e trail , e que traducimos como estela química. A teoría que postula a súa existencia é defendida con vehemencia dende a década de 1990 por algunhas persoas -cuxo número foi crecendo grazas a Internet-, que pensan que as estelas que deixan, ás veces, os avións ao seu paso están compostas por produtos químicos tóxicos, destinados a causar dano á poboación. Segundo eses postulados, existe un plan secreto para realizar fumigacións masivas por todo o mundo, cuxa proba irrefutable son as citadas estelas dos avións. Estas teses son rebatidas pola comunidade científica, ao non existir proba ningunha que demostre o fundamento de dita teoría conspirativa.
Termos relacionados: estela de condensación