bólido
Fragmento rochoso de orixe extraterrestre que atravesa velozmente a atmosfera, xerando ao seu paso unha traza luminosa moi brillante. Nalgunhas ocasións, o meteoroide pode fragmentarse e dar lugar a unha ou varias explosións. A intensa luz que emite débese ao estado de incandescencia ao que se ve sometido, ao ir atravesando capas de aire cada vez máis denso, o que aumenta a súa fricción co medio gasoso. Este tipo de obxectos, o mesmo que os meteoritos ou os pequenos restos de rocha e xeo de orixe cometaria que dan lugar ás estrelas fugaces, non son de natureza atmosférica, polo que non son obxecto de estudo da Meteoroloxía, senón da Astronomía.