bonancible
Na escala anemométrica de Beaufort, correspóndese co cualificativo dado a un vento de forza 4, con velocidades comprendidas entre 11 e 16 nós (20-29 km/h). Chámase tamén brisa moderada. A palabra fai alusión á bonanza, en sentido meteorolóxico.
Termos relacionados: brisa