barógrafo

Barómetro de tipo aneroide que dispón dun dispositivo capaz de levar a cabo un rexistro continuo da presión atmosférica. As oscilacións ás que se ve sometida a cápsula aneroide -como consecuencia dos cambios de presión- son transmitidas a unha plumiña que se apoia sobre un papel graduado disposto sobre un tambor xiratorio. A agulla tinguida vai trazando unha gráfica no papel e desta forma quedan reproducidas fielmente as variacións de presión, coas súas continuas subidas e baixadas. O instrumento debe calibrarse cada pouco tempo (o ideal é facelo cada 24 horas) cun barómetro de mercurio, dada a maior precisión deste último instrumento.

Termos relacionados: presión atmosférica