artifact

Termo que traduciriamos do inglés como «artefacto» e que se emprega en Meteoroloxía para aludir a un elemento ficticio reproducido por un modelo numérico de predición ou nunha imaxe de radar, que é claramente artificial, afastado do que debería aparecer.