arrumar(se)
Encherse de nubes o horizonte no mar. Este termo mariñeiro ten unha segunda acepción non meteorolóxica, que alude á acción de distribuír e colocar a carga nunha embarcación. En ambos os casos, a palabra toma o significado de amoreárense, xa sexa a citada carga ou ben as nubes na lonxananza.